OCIO E DIVERSIDADE: Introdución ao acompañamento inclusivo

ID Curso
NEE-05-25
Ocio e Diversidade

Xornada Formativa Intensiva

OCIO  E DIVERSIDADE: Introdución ao acompañamento inclusivo.

Ocio inclusivo

Lugar: Centro de Formación da Escola de Tempo Libre Illas Atlánticas. Lugar do Touro, 1. 15960 Ribeira (A Coruña).

Datas: 14 e 21 de xuño de 2025.

Horario: De 09 a 14 h e de 16 a 21 h.

Persoas destinatarias: preferentemente monitores e monitoras de tempo libre ou persoas interesadas en iniciarse no acompañamento inclusivo no lecer con persoas con diversidade funcional e/ou neurodiverxencia.

Metodoloxía: vivencial, teórico-práctica, participativa. Inclúe explicacións breves, dinámicas, traballo en grupo, casos reais e deseño de actividades polo propio alumnado.

Imparte: Nancy Silva Pérez, Terapeuta Gestalt e técnica en inclusión social, con máis de 15 anos de experiencia no ámbito social. O seu traballo céntrase no acompañamento e apoio a persoas en diferentes etapas e situacións, facilitando espazos de escoita e reflexión para promover o benestar emocional.

Organiza: Escola Oficial de Tempo Libre Illas Atlánticas de Golfiño Xestión de Ocio.

Máis información:
Tel. 630 065 890 – 630 065 790.
Mail: info@xestiondeocio.com

 

OBXECTIVOS XERAIS

•     Comprender as características principais da diversidade funcional e a súa vivencia real

•     Detectar as barreiras e comprender a accesibilidade desde un enfoque práctico

•     Desenvolver ideas e recursos para deseñar actividades adaptadas e respectuosas

•     Adquirir criterios éticos e básicos para o acompañamento no lecer

 

TEMÁTICAS – TOTAL: 20 HORAS

 

SÁBADO 14 de xuño – Comprender para acompañar: diversidade, barreiras e mirada inclusiva

10 horas

CONTIDOS

•     Modelo social vs modelo médico da discapacidade

•     Tipos de diversidade funcional:

  • Discapacidade intelectual (DI)
  • Trastorno do Espectro Autista (TEA)
  • TDAH
  • Discapacidade sensorial (auditiva, visual)
  • Discapacidade física e múltipla

•     Introdución ás NEAE e á realidade en contextos de lecer

•     Barreiras: físicas, sensoriais, cognitivas, sociais, emocionais

•     Accesibilidade universal: que é e como se aplica •   Regulación emocional e necesidades sensoriais

•     Dinámica vivencial: “Vivir unha barreira”

•     Comunicación accesible: anticipación, pictogramas, linguaxe clara

•     O papel do monitor/a: presenza, respecto e límites

•     Ética no acompañamento: privacidade, mirada horizontal, sostibilidade

 

Obxectivo: comprender quen é a persoa que acompañamos, como vive e que podemos facer para facilitar a súa participación.

 

SÁBADO 21 de xuño – Deseñar e acompañar: actividades adaptadas e mirada profesional

10 horas

CONTIDOS

•     Que é unha actividade inclusiva e que non o é

•     Tipos de actividades: xogos, expresión, sensoriais, artísticas

•     Adaptar por capacidades, non por discapacidades

•     Apoiar sen anular: fomentar a autonomía

•    Grupos heteroxéneos: como acompañar sen separar

•    Deseño sinxelo de actividades adaptadas

•     Materiais accesibles: prácticos, económicos e creativos

•     Dinámica en grupos: creación dunha actividade inclusiva • Presentación e revisión con feedback

•     Peche vivencial: que me levo, que aplicaría, que me cambia

 

Obxectivo: que cada persoa saia con ideas claras, prácticas e unha mirada ética e inclusiva para aplicar de forma inmediata.

 

OUTROS DETALLES

•     Hai pausas e espazos de integración emocional e corporal

•     Recomendamos roupa cómoda, caderno de notas e disposición a participar activamente

 

 

“Un lecer realmente inclusivo non é un lugar. É unha actitude que se constrúe paso a paso, xunto a outras persoas.”

 

Descargas curso:


  • No se han encontrado eventos!

© 2015 Escola das Illas. Todos los derechos reservados. Desarrollado por AB CreativeLab