Curso Oficial de Director/a en Actividades de Tempo Libre

ID Curso
2-19
Curso Director/a Tempo Libre
Do 09/11/19 ao 18/01/20

A Escola Oficial de Tempo Libre Illas Atlánticas, oferta un novo Curso de Director/a en Actividades de Tempo Libre.Aula formación Illas Atlánticas

O Curso impartirase nas aulas que a escola ten en Riveira, no Lugar do Touro nº 1 Baixo.

As datas nas que se desenvolverá o curso son:

9,10,16,17,23,24 e 30 de novembro de 2019.
6,7,8,14 e 15 de decembro de 2019.
11,12 e 18 de xaneiro de 2020.

O prezo do curso é de 180 €.22104445_10155445672580622_3125882215611082566_o

Para poder matricularse neste curso requírese:

  1. Estar en posesión do título de monitor/a de actividades de tempo libre.
  2. Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.
  3. Acreditar unha experiencia de traballo como monitor/a no campo da educación/animación no tempo libre de, alomenos, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor/a.
    19466568_10155169686685622_2174719378620922660_o
    O curso de director/a en actividades de tempo libre ten por obxecto a formación de persoas capacitadas para a coordinación dun equipo de monitores e especialistas para a organización de actividades de animación socio-cultural e recreativas, xa sexan de tempo libre urbano ou de natureza.As funcións e tarefas para as que capacita dito curso son:
    a) Detectar as necesidades de intervención en grupos con características específicas.
    b) Dirixir, executar e avaliar accións de animación.
    c) Localizar e xerar recursos para o desenvolvemento da intervención programada.
    d) Coordinar o equipo de monitores ou especialistas que colaboren no programa.
    e) Participar nun equipo multidisciplinar que desenvolva unha actividade a grande escala.

    8424419953_eb03053eab_b
    Se queres ampliar información ou formalizar as inscricións podes chamar ao 981 97 27 44 – 630 065 890 ou enviar un email a info@escoladasillas.com

Descargas curso:


© 2015 Escola das Illas. Todos los derechos reservados. Desarrollado por AB CreativeLab